
O instituto de Calidade Agroalimentaria de Navarra (ICAN), é unha Sociedade Anónima descentralizada da Administración que ten por obxecto a promoción do sector agroalimentario navarro.
Autorizada polo Departamento de Desenvolvemento Rural e Medio Ambiente do Goberno de Navarra, ICAN responsabilízase da inspección e control de case todos os produtos con calidade certificada da Comunidade Foral. Pero, ademais, é a encargada da promoción xenérica de ditos produtos mediante a asistencia a Feiras especializadas, a organización de exposicións e actos promocionais, a edición de material publicitario, a participación en numerosas accións conxuntamente co Servizo de Turismo de Navarra e outras medidas coma o apoio á creación de novas certificacións e o aumento dos produtos autóctonos nas canles de distribución.

Amarca "Alimentos Artesanais” consiste nun signo distintivo que se inclúe no etiquetaedo dos produtos agroalimentarios que cumpran as condicións establecidas nas Normas Reguladoras do uso da marca.
Así, a marca "Alimentos Artesanais" certifica algún dos seguintes aspectos:
* As características intrínsecas do produto que o diferencian cualitativamente respecto de produtos da súa mesma natureza comúnmente regulados.
* As características específicas de aqueles produtos tradicionais que no estean definidos pola normativa nacional ou comunitaria.
En todo caso, las caracter ísticas que certifica a marca "Alimentos Artesanais" son obxectivas e susceptíbeis de control para verificar o respecto ás esixencias establecidas.
O logotipo de "Alimentos Artesanais" pódeno ostentar aqueles produtos que, elaborados por empresas rexistradas como artesanais polo Goberno de Navarra, cumpran coa Norma Técnica Específica e superen os controis realizados por ICAN.
Os produtos catalogados coma “Alimentos Artesanais” caracterízanse por seren SANS, NATURAIS e dunha determinada CALIDADE ORGANOLÉPTICA, acompañados, ademais, polo seu recoñecemento como produto XENUINO, AUTÉNTICO e TRADICIONAL.
Os fundamentos para poder dar cumprimento a estas expectativas e que éstas se desenvolvan nas correspondentes normas técnicas, son:
1. Unhas MATERIAS PRIMAS de primeira calidade e sometidas a un rigoroso proceso de selección. A ser posible deberán presentarense no seu estado máis natural (isto é, en fresco).
2. Un PROCESO DE ELABORACIÓN que respecte ou imite os procesos naturais, sen forzarlos ou aceleralos mediante procedementos físicos ou químicos.
3. A ELIMINACIÓN DE ADITIVOS. Aínda estando legalmente autorizados, evitaranse todo tipo de aditivos cuxa finalidade sexa simular a materia prima natural originaria, mudando a súa cor, textura, olor e sabor, ou favorecendo unha duración excesiva a custa de valores propios do produto.
Os produtos artesanais teñen, hoxendía e cada vez máis, unha grande cantidade de adeptos que están dispostos a comparalos por varias razóns:
* Un reencontro co popular e cos produtos naturais.
* O cansanzo que supón a distribución comercial uniformada e as súas ofertas masivas.
* A nostalxia que para moitas persoas de mediana idade supón o tratar de recuperar os sabores e aromas da súa infancia.
       
Navarra cconta cun total de quince produtos acollidos a Certificacións de Calidade:
Sete deles, a Denominacións de Orixe Protexidas:
Pemento do Piquillo de Lodosa
Queixo Roncal
Queixo Idiazabal
Viño Navarra
Aceite de Navarra
Viño de Rioxa
Cava
Cinco, a Indicacións xeográficas Protexidas:
Espárrago de Navarra
Alcachofra de Tudela
Tenreira de Navarra
Cordeiro de Navarra
Pacharán Navarro
E tres a outras Certificacións de Calidade:
Alimentos Artesanais de Navarra
Produción Ecolóxica
Produción Integrada

O Instituto de Calidade Agroalimentaria de Navarra (ICAN) creou a marca “Reyno Gourmet” para identificar ao conxunto das Denominacións de Calidade de Navarra. Tratarase, así, de impulsar a imaxe da gastronomía navarra cunha marca de calidade facilmente identificábel.
“Reyno Gourmet” será un símbolo coñecido e recoñecido polo consumidor. A súa creación foi aconsellada por un estudo do ICAN. Era necesario implantar unha marca que amparase os produtos agroalimentarios de calidade de Navarra; ao mesmo tempo debían estar vinculados ao turismo.
|